Serra do Xurés

Serra do Xurés

128

No ano 1993 creouse o Parque Natural da Baixa Limia do que forman parte os concellos de Bande, Lobeira, Entrimo, Lobios Muíños e Calvos de Randín. No Parque Natural podemos diferenciar claramente as zonas altas de montaña onde dominan os grandes bolos graníticos, e os vales fluviais, sendo o val do río Limia o eixo central que divide o Parque de leste a oeste. Outros ríos relevantes son o Salas e o río Caldo, e en todos eles, existen afloramentos termais actualmente aproveitados.
Nesta perfil propoñémosvos unha serie de percorridos para que poidades coñecer o parque. Varios dos sendeiros están homologados pola Federación Galega de Montaña e outros foros sinalizados polo persoal do Parque Natural. En todos eles é recomendable empregar a cartografía adecuada ou un GPS.
O sendeirismo é unha práctica deportiva que implica certos riscos, e para a que é preciso unha preparación e material adecuados, especialmente nas rutas de montaña.

μέλος από Αυγούστου 2017