jesussimon

Σύνολο σημείων 668

Uploaded 12 Νοεμβρίου 2019

Recorded Νοεμβρίου 2019

  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
-
-
125 m
5 m
0
1,8
3,6
7,29 χιλιόμετρα

137 εμφανίσεις, 9 αποθηκεύσεις

κοντά στην περιοχή Guixar, Galicia (España)

Este sendeiro local no concello de Vigo pódese comenzar na ermida do Monte da Guía. Esta capela da Nosa Señora das Neves e Sagrado Corazón de Xesús data dos anos cincuenta do pasado século e ten planta basilical e unha torre rematada nun campanario.

O percorrido está sinalizado con marcas branquiazuis e lese no cartel informativo da ruta:

“A Senda Azul é unha iniciativa de ADEAC, en municipios con bandeira azul, que contribúe ao uso sostible do litoral mediante a xestión, conservación e divulgación do medio natural e etnográfico de xeito compatible co desenvolvemento, goce, saúde e benestar da ciudadanía.

A través dun trazo circular, de algo menos de 6 Km, empeza ao carón do mar e percorre unha parte importante de litoral para logo subir ao Monte da Guía (nos comezámolo na ermida) a 128 metros, onde gozaremos dunha magnífica vista da ría e a cidade, e volver a descender até o punto de saída.

Na franxa costeira da parroquia de Teis están representados diferentes graos de intervención humana. A industria do naval cos estaleiros localizados entre pequenos areais, a área desmilitarizada da ETEA, os areais da Punta, Temoeiras e O Areíño, ao carón do paseo. Os cantís, entre Punta Areíño e o areal da Lagoa -onde se empraza o porto deportivo- e as empresas auxiliares e estaleiros -entre os areais da Fábrica e A Manquiña-.

Vixiante dende o alto temos o Monte da Guía coroado pola súa ermida e rodeado de elementos de gran interese patrimonial como o gravado rupestre de Gondesende “Pedras das Augas”, un pozo comunal, antigas ruínas militares e as instalacións, agora sen uso, da ETEA que albergou a Base Naval de Ríos -Escola de Transmisións e Electricidade da Armada.

Dende o punto de vista do medio destacan os fondos mariños, representados por grandes bancos de area nos que se traballa o marisqueo de ameixa e navalla, pradarías de laminaria e seba ou as poboacións de cabaliños de mar. A costa rochosa entre a Punta de Areíño e o areal da Lagoa que conservan, na parte terrestre, especies e hábitats de grande valor como o cerquiño (Quercus pyrenaica) ou a bolboreta arlequín (Zerynthia rumina), especie catalogada “en perigo de extinción”.

Tamén debemos mencionar a carballeira cedida ao concello de Vigo por Dna. Fermina Alonso Lamberty e que posúe árbores, case centenarias, nas que se están a realizar traballos para a recuperación de insectos xilófagos (que se alimentan de madeira morta) como vacalouras (Lucanus cervus) e o escaravello lonxicornio (Cerambyx cerdo).”

View more external

δέντρο

Bosque

Fraga nos arredores da capela da Guía.
φωτογραφία

Camiño

Camiño no bosque que hai por debaixo da capela da Guía.
φωτογραφία

Campo futbol

Campo de fútbol da Guía.
δέντρο

Carballeira Guia

Bosque de carballos no Monte da Guía.
Waypoint

Comezo Guia

Punto de inicio ao carón da capela da Guía.
φωτογραφία

Cruceiro

Cruceiro situado por debaixo da capela da Guía.
φωτογραφία

Espigon A Punta

Espigón de A Punta da Guía.
φωτογραφία

Espigon ETEA

Espigón na zona da ETEA.
φωτογραφία

ETEA

Antiga base naval de Ríos onde estaba a Escola de Transmisións e Electricidade da Armada.
φωτογραφία

Faro

Pequeno faro.
φωτογραφία

Lavadoiro

Lavadoiro na baixada ao paseo de A Punta.
φωτογραφία

Lavadoiro Rios

Lavadoiro en Ríos.
Sacred architecture

Nosa Sra da Guia

Ermida da Nosa Señora da Guía e Sagrado Corazón.
φωτογραφία

Parque biosaudable

Parque biosaúdable no paseo de A Punta.
φωτογραφία

Paseo A Guia

Paseo na zona de A Lagoa.
φωτογραφία

Paseo A Punta

Paseo pola zona de A Punta da Guía.
Αρχαιολογική θέση

Petroglifo Gondesende

Petróglifo de Gondesende "Pedras da Augas".
ρεμέτζο

Porto Lagoa

Porto deportivo de A Lagoa.
Παραλία

Praia A Punta

Praia A Punta da Guía.
Παραλία

Praia Cala do Faro

Praia situada por debaixo do faro da Guía.
Παραλία

Praia Lagoa

Praia ao carón do porto deportivo de A Lagoa.
Παραλία

Praia Manquiña

Praia de Manquiña.
Παραλία

Praia Rios

Praia en Ríos.
φωτογραφία

Sendeiro

Sendeiro por un lateral do campo de fútbol da Guía.

1 comment

  • Φωτογραφίες Penedovigo

    Penedovigo 28 Ιαν 2020

    I have followed this trail  επαληθεύτηκε  View more

    Excelente ruta a todos los niveles. Mi track aunque es más largo en kilometraje se basó practicamente en el de jesusimon para hacerlo. Preferentemente a realizar en un día claro, las vistas son impresionantes. Gracias a jesusimon por la aportación del track.

You can or this trail